cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

ACTUACIÓNS EN CURSO

Actuación:

Mellora no sistema de control do acendido do alumeado exterior en diversos aparcadoiros da Universidade de Vigo.

Localización:

Nesta primeira fase levarase a cabo a reforma dos aparcadoiros das seguintes escolas e facultades:

— E.T.S.E de Telecomunicacións

— Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

— Facultade de Ciencias Experimentais

Período de execución de obra:

Durante os meses de decembro do 2010 e xaneiro do 2011.

Descrición:

As actuacións que se levarán a cabo nos aparcadoiros serán as seguintes:

1. Substitución e posta a punto dos equipos que forman o alumeado exterior.

Centrarase nunha nova e correcta orientación dos equipos de iluminación e no cambio das luminarias existentes por outras enerxéticamente máis eficientes.

2. Sistema de control do acendido automático do alumeado exterior.

Fundamentarase na incorporación de interruptores horarios aos actuais interruptores astronómicos. A función destes interruptores será realizala discrimanción horaria no funcionamento das luminarias, e dicir, adecuarase o seu funcionamento os períodos de maior actividade nos aparcadoiros, reducíndose o número de luminarias acendidas nos períodos de menor actividade.

Melloras obtidas coa reforma:

Técnicas

Reducción dun 77% do consumo durante os períodos nocturnos grazas a nova e adecuada orientación das luminarias asegurándose unha correcta iluminación das zonas de circulación e zonas de paso.

Ambientais

Reducción das emisións á atmosfera de máis de 15.000 Kg de CO2 anuais.

Económicas

O aforro producido debido á diminución do consumo eléctrico estímase nuns 9.800 euros anuais respecto o sistema anual, sendo o período de amortización da inversión inferior os 10 meses.

Reportaxe fotográfico:

APARCADOIRO DE E.T.S.E DE TELECOMUNICACIÓNS

APARCADOIRO DA FACULTAD DE CIENCIAS EXPERIMENTAIS


© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es