cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Plan Sostibilidade e Medio Ambiente na UVIGO: Plan SuMA

Estudos dos Consumos Enerxéticos

A Universidade de Vigo realiza anualmente un seguimento dos consumos enerxéticos de cada un dos edificios e facultades dos campus que engloban Universidade de Vigo, co fin de dar unha visión global, concisa e rápida da situación enerxética de cada unha das instalacións e así poder comparar e actuar onde exista marxe de mellora. A Universidade sabedora do seu compromiso de levar adiante unha xestión eficaz coñece a importancia que ten o seguimento e control dos consumos xa que dan unha visión clara das necesidades enerxéticas que demandan as instalacións.

Así pois neste apartado se reflicten a evolución dos principais consumos enerxéticos (electricidade, gasóleo C para calefacción e gas natural) nas instalacións da nosa Universidade. Coa finalidade de avaliar os consumos enerxéticos, determínanse varios indicadores atendendo a denominada “intensidade enerxética”.

EVOLUCIÓN DE CONSUMOS ENERXÉTICOS

Para comprender a evolución destes consumos é necesario destacar que o longo dos anos 2006, 2007 e 2008 entraron en funcionamento paulatinamente novos edificios docentes e de servizos, cos seus correspondentes consumos de electricidade e gasóleo C para calefacción. Deste modo, para avaliar adecuadamente a súa evolución, os consumos das novas edificación foron acumuladas no ano 2008, feito que explica o aumento destes consumos en dito ano.

imagen113_1

imagen113_2

imagen113_3

INDICADOR DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

Este indicador de consumo enerxético por unidade de superficie é o principal indicador de eficiencia enerxética que relaciona os consumos enerxético coa superficie dos locais. O Indicador reflexa a tendencia positiva baixo principios de procura da sostibilidade arquitectónica que se esta a realizar na nosa universidade.

imagen113_4

O seguinte indicador trata de reflectir a denominada “intensidade enerxética da actividade de I+D definida pola a cantidade de proxectos e infraestructuras obtidas en convocatorias competitivas polos grupos de I+D”.Neste indicador englóbanse os recursos económicos que a Universidade dispuxo para a realización de proxectos de investigación (autonómicos, estatais e europeos) e para o cumprimento de contratos con diferentes empresas. Este indicador no 2007 representa una tendencia positiva que esperamos que conserve nos seguintes anos.

imagen113_5

 

subir ↑   

pie
© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es