cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Programa ISI: Instalacións Singulares de I+D

A evolución da humanidade está directamente relacionada co progreso da tecnoloxía. A I+D é clave para tratar de satisfacer as necesidades da poboación actual, polo que é indispensable que este labor de investigación e desenvolvemento deba orientarse cara a un marco de sostibilidade que permita, mediante o descubrimento e perfeccionamento de tecnoloxías respectuosas co medio que nos rodea, o progreso social.

A Universidade de Vigo, como axente principal no campo investigador da sociedade e no seu compromiso co medio natural, está a traballar con firmeza e vontade na busca de melloras que contribúan ao desenvolvemento sostible. Así que, a través deste programa tratamos de resaltar a presenza dos nosos grupos de I+D e convidamos a todas as persoas que dispoñan de instalacións ou proxectos singulares relacionados coa sostibilidade a que acheguen os seus resultados e conclusións finais para a súa difusión.

O principal obxectivo do programa ISI é, ademais da difusión, apoiar e estimular os grupos de I+D da Universidade de Vigo para que continúen traballando co fin de acadar, mediante os seus estudos e investigacións, ferramentas que contribúan ao progreso sostible da sociedade.

Existen dúas vertentes ben diferenciadas dentro do programa: unha primeira onde estudaremos instalacións enerxéticas e do medio natural, e unha segunda liña de traballo onde se desenvolven estudos e proxectos deste tipo.

 

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es