cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Programa R3: Reciclaxe e Reutilización de Residuos

A actividade humana, en todos os seus ámbitos, supón a xeración dalgún tipo de residuo. Un dos obxectivos do noso plan de sostibilidade é o de realizar unha adecuada xestión dos mesmos na procura de minimizar os impactos negativos que teñen sobre o medio e a nosa sociedade.

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo é a encargada da xestión de todos os residuos ordinarios e perigosos que se derivan da actividade da nosa comunidade universitaria.

Así mesmo, a OMA traballa no importante labor de minimizar os nosos residuos así como a de fomentar a súa reciclaxe e reutilización para diminuír os impactos derivados e o consumo de valiosos recursos naturais.

webOMA

Ademais dos labores de xestión de residuos, a Universidade de Vigo realiza diferentes actuacións relacionadas coa materia:

• Proxecto de reciclaxe e reutilización de augas sobrantes da piscina. Campus sur de Ourense.

Este proxecto representa un máis dos numerosos compromisos adquiridos no Plan SuMA da Universidade de Vigo a favor da sostibilidade mediante o que se obtén un aproveitamento eficiente dun recurso natural escaso: a auga.

O proxecto consiste na realización dun alxibe duns 100 m3 de formigón armado, en forma de depósito de augas, para recoller as augas residuais dos vasos da piscina do polideportivo do campus sur de Ourense, ao ser necesario para o seu correcto funcionamento, unha renovación do 10 % das mesmas á semana. A finalidade deste alxibe é o tratamento de descloración e purificación das augas, actividades necesarias para a súa posterior reutilización mediante a conexión á rede de rego existente no campus sur.

Como resultado da necesidade de aproveitamento e reutilización das augas residuais da piscina, conséguense os seguintes obxectivos:

• Unha maior eficiencia no uso das augas empregadas para a piscina.

• Minorar o consumo de auga da rede municipal, cando se reutilizan as augas residuais da piscina para o regadío das zonas verdes do propio campus.

• Unha mellora do medio, enerxética e económica, cando se realizan a reciclaxe e reutilización das augas residuais in situ.

Este proxecto foi promovido e executado durante o ano 2008 por iniciativa propia da Universidade de Vigo e representa un investimento duns 57.413,94 €.

Proxecto Investimento Estado Aforro anual
Reciclaxe e reutilización das augas sobrantes da piscina. Campus sur de Ourense. 57.413,94 € En explotación 10 % do consumo de auga da Piscina

 

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es