cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Programa TP: Transporte

A finalidade deste programa é avaliar as características dos medios de transporte e as súas tipoloxías, dende os hábitos sociais ata as comunicacións viarias, permitindo, deste xeito, establecer medidas e accións de mellora co fin de ter un transporte cada vez máis sustentable, é dicir, un transporte duradeiro e fiable dende o punto de vista económico, financeiro e institucional; que sexa respectuoso co medio e que consiga reducir, na medida do posible, as emisións derivadas destas actividades, tendo en conta os intereses dos universitarios.

A diversidade tipolóxica dos nosos campus dificulta unha presentación xeral do problema relacionado co transporte. A existencia de campus urbanos e periféricos recomenda un estudo específico para cada caso.

Non obstante, o Programa Tp desenvolverase no sentido de análise do transporte próximo (público e privado) e dos aparcadoiros mediante a consideración das dúas perspectivas: a do campus urbano e a do campus afastado. Neste programa tamén se considerarán os estudos e iniciativas tendentes á redución do uso do transporte privado individual en beneficio do público ou múltiple, á utilización doutros medios, cando sexa viable, e a calquera outra medida de redución de contaminación.

Neste programa contamos coas seguintes actuacións e estudos realizados:

 

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es