cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Programa TP: Transporte > Avaliación dos aparcadoiros nos campus

Estudouse a capacidade de aparcadoiros para vehículos privados existente no Campus As Lagoas-Marcosende de Vigo nas súas diversas áreas. Desta forma pódese avaliar o número actual de prazas existentes e comparar coa demanda de prazas de vehículos privados a partir dos estudos do uso do transporte dispoñibles.

As zoas de estacionamento espállanse o longo do Campus, nalgúns casos lonxe dos centros de actividade (facultades, edificios administrativos, etc.), sendo tan superior a demanda de aparcadoiro fronte a oferta, que se producen estacionamentos en zoas prohibidas. É importante mencionar que estas zoas non se atopan reguladas.

No tocante as zoas destinadas o estacionamento de autocares, cabe destacar o insuficiente espazo existente destinado a este fin.

Toda esta acción ten o obxectivo final de potenciar o uso do transporte colectivo, o coche compartido e todas as medidas dirixidas a acadar un aforro enerxético e de emisións á atmosfera.

campus

N° Aparcamento N° Prazas
Aparcamento 1 428
Aparcamento 2 266
Aparcamento 3 387
Aparcamento 4 294
Aparcamento 5 237
Aparcamento 6 250
Aparcamento 7 37
Aparcamento 8 42
Outras prazas 142
TOTAL PRAZAS 2083

 

subir ↑   

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es