cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

Programa CCS: Colaboración e Compromiso Social

O obxecto do Programa de colaboración e compromiso social é promover e fomentar as relacións existentes entre a nosa universidade e outras, empresas, institucións etc. para compartir experiencias, colaboracións, informacións e proxectos institucionais no ámbito da sostibilidade.

Participación en organizacións

• Campaña da Unión Europea “Enerxía Sostible para Europa 2005-2008

• Plataforma Tecnolóxica Galega de Enerxía “ENERXE

enerxe Esta plataforma é un foro de encontro de entidades, empresas e particulares interesados nunha eficiente I+D+i no sector enerxético, de tal forma que se consigan desenvolver, en maior medida, as enerxías renovables e as formas de obtención de enerxía tradicionais consigan reducir as súas emisións de CO2 e mellorar a súa eficiencia.

O obxectivo xeral de Enerxe é formular e desenvolver unha estratexia de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación que dea un importante pulo á competitividade do sector enerxético galego, para e coa implicación e integración de esforzos dos distintos axentes que forman o mesmo.

• Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente “Env.i.te

enviteEnv.i.te é un foro creado polas empresas e institucións do sector ambiental galego para representar e promover aspectos clave asociados á investigación, ao desenvolvemento tecnolóxico e á innovación.

• Plataforma Tecnológica Española de Eficiencia Energética "PTE-EE"

pteeeA Plataforma Tecnológica Española de Eficiencia Energética ten como finalidade a innovación na tecnoloxía de eficiencia enerxética ao tempo que xera novas solucións a través do impulso da investigación e desenvolvemento de novas técnicas, produtos e servizos que grazas á súa eficiencia enerxética contribúan á redución da demanda enerxética actual.

A través desta plataforma traballamos, xunto con outras institucións, empresas e diversos organismos en diferentes grupo de traballo, na procura deste obxectivo común da eficiencia enerxética.

• Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética “EnergyLab

energylabEnergyLab é unha fundación privada, sen ánimo de lucro, que ten como misión identificar, desenvolver, promover e difundir tecnoloxías, procesos, produtos e hábitos de consumo que permitan a mellora da eficiencia e sostibilidade enerxética na industria, na construción, no transporte e na sociedade en xeral.

 

Participacións en actos

• Participación institucional na Feira de Enernova 2007, Ifevi

A Universidade de Vigo participou na I Feira Internacional das Enerxías Alternativas e o Medio Ambiente (Enernova), que tivo lugar os días 7, 8 e 9 de xuño de 2007, celebrada no Ifevi de Vigo.

Nesta feira, a Universidade expuxo as súas liñas de actuación en materia de aforro enerxético, eficiencia enerxética e novas liñas de investigación no ámbito da sostibilidade; actúa así como universidade e institución referente neste marco de actuación.

enernova

• Participación institucional no Congreso Internacional de Enerxías e Medio Ambiente

Aproveitando a feira de Enernova celebrouse, en datas próximas, este congreso no que tamén estivo presente a nosa universidade. Este congreso tivo lugar no Ifevi de Vigo os días 5, 6 e 7 de xuño de 2007.

Os principais temas do Congreso foron os relativos ao novo marco legal do medio e os diferentes sistemas de enerxías renovables existentes, adaptables ás nosas necesidades.

Neste punto a Universidade de Vigo tivo unha importante presenza especialmente polos relatorios realizadas por parte de membros da nosa comunidade universitaria (Elena Albo, en enerxía solar fotovoltaica; Horacio Pequeño, en tecnoloxías de captación da enerxía solar para usos térmicos etc.).

• Participación institucional na xornada: Desenvolvemento Sostible Real, Posible e Medible

Esta xornada tivo lugar na Universidade da Coruña o día 20 de novembro de 2008.

O seu obxectivo foi achegarlles aos profesionais asistentes contidos relacionados coa avaliación ambiental estratéxica.

O tema tratado a través dos diferentes relatorios e mesas redondas, ao longo do día, centrouse no establecemento de indicadores capaces de reflectir o noso estado no ámbito da sostibilidade; así como as diferentes metodoloxías existentes para calcular a pegada ecolóxica dos diferentes concellos galegos.

 

Cesión de estudos, datos, equipamentos e outros

• Cesión universal de datos climáticos da UVigo

Mediante esta actuación permítese o acceso público aos datos da estación metereolóxica sita na nosa Universidade no Servizo de Teledetección do CACTI (a través da web de MeteoGalicia).

 

 

 

 

 

subir ↑   

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es