cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

ESTRUTURA DO PLAN SUMA

O Plan SuMA estrutúrase a través de sete programas xerais que engloban o conxunto de temas relativos á enerxía, aos residuos, ao contorno natural, ao patrimonio, á colaboración coa sociedade e ao fomento dunha sensibilización ambiental. Cada un destes programas aplicarase aos edificios, instalacións e unidades da universidade, e concretaranse en actuacións específicas de acordo coa dispoñibilidade do orzamento;e, despois dunha avaliación ao longo dos anos, sobre os principios de harmonización e eficiencia. O Plan SuMA disporá dun presuposto para as tarefas de avaliación e estudos, e doutro de execución, que se cofinanciarán a través de convocatorias públicas competitivas.

Os programas do Plan SuMA son:

Anexos e coordinados co Plan SuMA considéranse tres proxectos en termos máis xenéricos e abertos que os programas anteriores. Os proxectos que se presentan teñen como finalidade a análise e proxección de tres zonas extensas da universidade no tocante á urbanización, ao deseño paisaxístico ou urbano, dependo do caso, ao respecto do medio natural e á sostibilidade.

Os tres proxectos que se presentan nesta primeira fase correspóndense co Campus de Vigo, As Lagoas,Marcosende, baixo a denominación de Campus Verde; co Campus de Ourense, o Campus Terrae; e co Campus de Pontevedra nomeado Campus Vedra. Os tres proxectos campus conterán unha fase de anteproxecto de ideas, outra fase de avaliación de propostas e unha terceira de programación da execución. Cada un dos proxectos poderá ter unha presentación e programación distintas atendendo á singularidade da zona, aos tempos de execución e ao desenvolvemento da propia zona, e serán xestionados polos vicerreitores con competencias nos campus.

Con carácter xeral todos os proxectos deberán remitir unha imaxe de sostibilidade e de defensa do contorno natural e patrimonial da Universidade de Vigo e, deste modo, as propostas dos programas do Plan SuMA non deberán interferir, senón reforzar, unha imaxe sostible da nosa universidade. En calquera caso, os programas do Plan SuMA serán aplicables a todos os centros e dependencias da universidade e a súa execución non deberá interferir nas propostas de urbanización, paisaxísticas ou artísticas dos proxectos dos campus.

 

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es