cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  

A NOSA UNIVERSIDADE

Presentación

A Universidade de Vigo consolidouse, en pouco máis dunha década, como un referente de modernidade e innovación en Galicia pola formación que imparte e polo alto volume de transferencia de ciencia e tecnoloxía ás industrias e ás empresas da rexión; tamén pola súa captación de recursos a través de proxectos de investigación en concursos de ámbito europeo ou español. É unha universidade pública comprometida co desenvolvemento sostible do seu contorno, coa aplicación de calidade a todas as súas titulacións —algunhas das cales son exclusivas en Galicia— e con obxectivos da converxencia europea. No curso 2003/2004 foi inaugurada a Cidade Universitaria deseñada por Enric Miralles para o Campus de Vigo, a uns 15 km do centro urbano e convertido, grazas a esa obra e a outras precedentes, nun referente espléndido da arquitectura contemporánea en Galicia. Os campus urbanos de Ourense e Pontevedra tamén se desenvolven cunha premisa de calidade urbanística e arquitectónica.

Campus Universitarios da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo estende os seus centros e instalacións a través de tres campus situados nas inmediacións das cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra e, dentro destes, o principal e máis extenso é o campus universitario de Vigo.

  • Campus de Vigo

  • vigo

    Campus das Lagoas, Marcosende, Vigo


    torrecedeira toralla

    Vigo-centro e Estación de Ciencias Mariñas da illa de Toralla (Ecimat), Vigo

  • Campus de Pontevedra

  • pontevedra

    Campus da Xunqueira e edificacións no centro da cidade de Pontevedra



    ou ou2

    Campus de Ourense e Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) no Parque Tecnolóxico de Galicia (PTG)

 

O número de alumnos totais matriculados no curso académico 2008/2009 na Universidade de Vigo ascende a 19.654 alumnos, dos que 11.752 están matriculados en centros do Campus de Vigo, 3.468 no Campus de Pontevedra e 4.434 no de Ourense.

Campus Centros docentes Centros de servizos Centros de I+D
Campus de Vigo Campus das Lagoas, Marcosende Facultade de Filoloxía e Tradución Biblioteca do ámbito de ciencias CACTI
Edificio de Fundición Biblioteca Central  
ETS de Enxeñeiros Industriais Edificio Miralles  
ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación Reitoría  
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Pavillón polideportivo  
Facultade de Bioloxía Edificio do Servizo de Deportes  
Facultade de Ciencias do Mar Xerencia. Servizos Centrais  
Facultade de Química    
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo    
ETS de Enxeñeiros de Minas    
Vigo - centro - Torrecedeira EUE Técnica Industrial    
EU de Estudos Empresariais
Vigo - illa de Toralla     Estación de Ciencias Mariñas da illa de Toralla. (Ecimat)
Campus de Pontevedra Centro  cidade Facultade de Belas Artes    
Campus da Xunqueira EUE Técnica Forestal
Escola de Fisioterapia
Facultade de Ciencias Sociais e de Comunicación
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus de Ourense Campus de Ourense Facultade de Ciencias da Educación Polideportivo  
Facultade de Historia Biblioteca Central
ES de Enxeñería Informática  
Facultade de Ciencias  
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo  
Facultade de Dereito  
Parque Tecnolóxico de Galicia (PTG)     Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

 

subir ↑   

© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es